jueves, 25 de abril de 2013

Oferta formativa ISSGA 2013


issga-logoO Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral(ISSGA) é o órgano técnico de prevención de riscos laborais en Galicia, que ten encomendadas, entre outras, as funcións de información, asesoramento técnico e formación en materia preventiva.
As actividades programadas, presenciais e en liña, están suxetas as seguintes normas:
- Carácter gratuito.
- Número de prazas limitado.
- Número mínimo de alumnos.
- As inscripcións poden realizarse na páxina web do ISSGA ou achegando a solicitude ao Centro do ISSGA que organiza cada actividade.
- O prazo de inscrición comezará 1 mes antes do seu inicio.
- Unha vez finalizado o proceso de selección, comunicarase a admisión dos participantes seleccionados.
- A falta de asistencia superior ao 10% das horas lectivas programadas, aínda estando xustificadas, imposibilitará a acreditación correspondente.
- Ao rematar as actividades entregarase diploma ou certificado de asistencia.
- A persoa admitida que non puidese acudir comunicarao ao ISSGA, coa suficiente antelación, para posibilitar que outra persoa poida beneficiarse desa formación.
Programa de actividades formativas
Máis información na web: issga.xunta.es

No hay comentarios: