jueves, 18 de abril de 2013

Iniciativa Xove


Data:

Dende o 19/04/2013 ata o 18/05/2013
Requisitos:
  • Poderán solicitar a axuda:
    a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil
    Deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 10 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificados/as, e unha destas persoas asumirá o papel de representante do grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique.
    Ademais, as persoas deberán de ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia ou, se residen no estranxeiro, ter a última veciñanza administrativa en Galicia.
    b) As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo ca o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman. Deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o día de remate do prazo de presentación de solicitudes, e cumprir a legalidade vixente no referente ás idades nas asociacións xuvenís (Real decreto 397/1988).
Engadir ó meu móbil
A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas como proxectos liderados pola mocidade galega, que se desenvolvan durante o ano 2013.
Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Tlf. 81 544 866/ 981 957 057
enderezo electrónico: institutoxuventude.ctb@xunta.es  
http://xuventude.xunta.es/
Publicación: DOG 18-04-2013

No hay comentarios: