viernes, 26 de abril de 2013

Xornadas de autoemprego para a mocidade galega


No marco do proxecto Emprende, aprobado ao abeiro do Programa da cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), que ten por obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para a mocidade, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia pon en marcha unhas xornadas de autoemprego para a mocidade galega.AUTOEMPRENDEMENTO
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende  cooperar cos concellos da zona transfronteirza (provincias de Ourense e Pontevedra), para ofertarlle recursos que fomentan o espírito emprendedor entre a xuventude e a internacionalización como unha das posibilidades para o crecemento económico.
Poderán solicitar participar os concellos das provincias de Ourense e Pontevedra. Serán seleccionados os 7 primeiros concellos que realicen a inscrición.
Os concellos que queiran participar comprométense a seleccionar aos participantes que deberán reunir os seguintes requisitos: idades comprendidas entre 18 e 35 anos, en situación de desemprego, rematando os estudos ou que xa iniciaron o seu proxecto empresarial, que teñan interese en iniciar unha actividade por contra propia.
A formación desenvolverase durante o mes de maio nunha sesión de mañá e tarde con  un grupo máximo de 25 persoas.
Os concellos deberán indicar tres posibles datas por orde de preferencia para a  realización da xornada, así como o local e enderezo no que terá lugar.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado facilitará a cada participante un dossier de documentación sobre os contidos da xornada, así como unha guía para atopar información en internet sobre o autoemprendemento.
Durante un mes posterior a xornada ofrecerase vía correo electrónico ou teléfono, un asesoramento de cara a solucionar as cuestións técnicas xurdidas, para a posta en marcha dunha idea empresarial.
Destinatarios: concellos das provincias de Ourense e Pontevedra.
Número de concellos nos que se desenvolverán as xornadas: 7
Prazo para solicitar: Ata que se cubran a totalidade das prazas.
Para mais información: roteiros.ctb@xunta.es
Teléfonos 981 544 645,  981 544 854 e 981 541 688
MAIS INFORMACIÓ E PROGRAMA
FORMULARIO DE INSCRICIÓN

No hay comentarios: