lunes, 29 de abril de 2013

Programa Galeuropa



Data:
Dende o 30/04/2013 ata o 29/05/2013
Horario:
As estadías de prácticas formativas non remuneradas, terán como máximo 8 semanas de duración cun mínimo de 25 horas formativas semanais, entre o 1 de xuño e o 15 de novembro de 2013. As estadías desenvolveranse preferentemente na República Checa, Italia, Irlanda, Polonia, Holanda e Francia.
Requisitos:
  • Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
  • Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar en posesión de calquera título de formación profesional ou universitario acreditado por calquera centro público ou privado de Galicia, ou telo solicitado no momento de presentar a solicitude.
  • Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
  • Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.
Dotación:
A contía ascenderá a 2.400 euros por participante.
Engadir ó meu móbil
A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas á mocidade para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España.
Consellería de Traballo e Benestar
Departamento Territorial:
Rúa Salvador de Madariaga - Mercado de Elviña 1º andar
A Coruña
Tel. 881 881 241 
http://xuventude.xunta.es/     
galeuropa@xunta.es
Publicación: DOG 29-04-2013

No hay comentarios: