![]() Os proxectos deben contribuír ao desenvolvemento profesional do mozo e mellorar ou beneficiar á sociedade e ao seu ámbito. Non importa o pequena ou grande que sexa a idea: o importante é que axude a máis dunha persoa e sexan proxectos orixinais e positivos, que contaxien entusiasmo. O prazo para inscribirse está aberto ata o 25 de abril de 2013 na web www.thinkbigjovenes.com Think Big seleccionará a idea e ofrecerá apoio para poder convertela en proxecto. Seleccionaranse 100 ideas e os mozos dispoñerán de entre tres e seis meses para desenvolvelos. Think Big achegaralles unha axuda de 400 € para os gastos iniciais; talleres en habilidades emprendedoras, sociais e emocionais; un ámbito de comunicación para dar a coñecer o seu proxecto; e o apoio e seguimento dun experto mentor que será un empregado voluntario do Grupo Telefónica durante todo o proceso. Podes consultar algúns dos proxectos nesta web: http://thinkbigjovenes.fundaciontelefonica.com/proyectos Máis información en www.thinkbigjovenes.com |
martes, 2 de abril de 2013
Think Big, apoio a mozos con iniciativas sociais
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario