A
Dirección Xeral do Patrimonio Cultural Declara ben de interese
cultural, coa categoría de zona arqueolóxica, o Facho de Donón, no termo
municipal de Cangas, na provincia de Pontevedra.O Facho de Donón sitúase no extremo occidental da península do Morrazo. Ocupa un promontorio que sobresae na paisaxe, elevado sobre o mar nun cantil de máis de 180 metros, e cun gran dominio visual sobre o océano e as illas Cíes e Ons, próximo da aldea de Donón e pertencente á parroquia de Santo André do Hío. Este lugar alberga unha zona arqueolóxica excepcional e única no contexto peninsular. O seu grande valemento xustifícase, principalmente, pola existencia dun notable santuario. Este santuario adquire a súa calidade de sobranceiro pola grande cantidade de aras-estela dedicadas a un mesmo deus céltico indíxena; polas características únicas destas e pola cronoloxía verificada para o culto. Ademais, o lugar acolle sitios arqueolóxicos pertencentes a un arco cronolóxico e tipolóxico moi amplo: por unha banda inclúe petróglifos e áreas de actividade humana, desde o século X a.C ao século V d.C, que se corresponden co Bronce Final, Idade do Ferro, Época Romana e comezos da Alta Idade Media; por outra, o lugar alberga, nun excelente estado de conservación, un singular espazo agrario tradicional, fosilizado, pertencente a unha aldea despoboada antes do século XX. Máis información no DOG do 1 de abril de 2013 |
lunes, 1 de abril de 2013
O Facho de Donón, ben de interese cultur
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
A
Dirección Xeral do Patrimonio Cultural Declara ben de interese
cultural, coa categoría de zona arqueolóxica, o Facho de Donón, no termo
municipal de Cangas, na provincia de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario