miércoles, 3 de abril de 2013

Máis de 60 actividades en Vigo ata o 17 de maio para festexar os 150 anos de “Cantares Gallegos”


logo vigo con rosalía PEQ
O 17 de maio de 2013, Cantares gallegos de Rosalía de Castro, cumpre 150 anos. Esta obra, que representa o Rexurdimento da nosa lingua, foi impresa en Vigo, na imprenta de Xoan Compañel. Por este motivo, a cidade quere renderlle homenaxe á muller que, a pesares de nacer nunha época nada propicia para as mulleres nin para as linguas “non oficiais”, foi capaz de publicar esta obra determinante para a historia da nosa lingua.
As actividades xa comezaron o día 24 de febreiro coincidindo coa data de nacemento da escritora pero aínda quedan dous meses de contacontos, concertos, charlas, lecturas populares… un gran abano de propostas entre as que sen dúbida poderedes atopar algo interesante. Todas estas actividades son de balde e están repartidas por varios puntos da cidade como centros culturais, cafés ou mercados. Podedes descargar o programa completo neste enlace ou consultalo na imaxe que tedes a continuación.
programa rosalía PEQ
Estas actividades están organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

No hay comentarios: