martes, 10 de abril de 2012

Promocións Carné Xove: A ponte das Letras Galegas nos Pirineos

 
DURACIÓN: 4 días/3 noites
SAÍDA: Xoves 17 de Maio
VOLTA: Domingo 20 de Maio
TRANSPORTE: Bus desde A CORUÑA e LUGO
NIVEL TÉCNICO REQUERIDO: Iniciación
PREZOS:
  • 236 euros (con Carné Xove)
  • 260 euros para o resto.
CONTACTO: administracion@sikaeviaxes.es

INFORMACIÓN ACTUALIZADA DA VIAXE: http://www.facebook.com/SIKAEGRUPOS
 
PROGRAMACIÓN DA VIAXE:
Como xa é habitual nas nosas actividades, buscamos achegar experiencias a todos os públicos. A idea é realizar estas actividades nunha contorna espectacular. Introducimos, por exemplo, a Vía Ferrata por facer unha actividade de montañismo inexistente en Galicia.
17 DE MAIO, XOVES.- Saída desde A Coruña ás 9.00 da mañá na parada de Catro Camiños, o Remanso. Ás 10.00 parada en Lugo, diante da Residencia LUG 2. Viaxe a Huesca. Chegada ao aloxamento. Check in, cea e aloxamento. O aloxamento será en habitacións dobres e triplas no hotel Charlé ** , Carretera Francia. No caso de non haber disponibilidade as alternativas, en Jaca, son Hotel La Paz ou Aptos. Cambras **.
18 DE MAIO, VENRES.- Pola maná realización dunha ruta de montaña por unha VIA FERRATA. Comida picnic. Pola tarde faremos un descenso de cañóns. Ambas actividades serán guiadas por personal técnico especializado. O material está incluído.
19 DE MAIO, SÁBADO.- Xornada enteira adicada ao Sendeirismo. A ruta transcorrerá por Añisclo ou por Ordesa, en función das preferencias do grupo, tras a presentación das dúas opcións por parte da organización.
20 DE MAIO, DOMINGO.- Pola mañá realizaremos un RAFTING. Tras esta actividade, comeremos e recolleremos a equipaxe para iniciar a volta a Galicia. Sobre as 12 da noite, chegada a Galicia.

CONDICIÓNS:
  • As preinscricións faranse enviando un mail a administracion@sikaeviaxes.es
  • Unha vez realizada a preinscrición recibiredes instrucións para formalizar a praza*.
  • A viaxe realizarase cun mínimo de 30 personas anotadas.
  • As saídas do bus son desde A Coruña e Lugo.
INCLÚE:
  • I.V.E.
  • Viaxe en bus desde A Coruña e Lugo.
  • Desprazamentos ás actividades.
  • Acompañante de viaxe desde a orixe.
  • Pensión completa en hotel de dúas estrelas. (Picnic na comida para as actividades).
  • Guía de montaña EUROPEO.
  • Técnicos especialistas nas actividades.
  • Material técnico para Vía Ferrata, Rafting e Canóns.
  • Seguro de accidentes con cobertura para todas as actividades.
  • O primeiro servizo é a cea do Xoves e o último o picnic do Domingo.

*Para realizar a inscrición e ter a praza reservada hai que facer un ingreso de 60 euros (fianza non recuperable en caso de non acudir á viaxe), que se descontarán no pagamento final. Tamén se pode realizar o pagamento íntegro, do que 60 euros se considerarán reserva, non sendo reembolsables. No caso de anulación da viaxe por parte de Síkae Viaxes, devolverase o importe total pagado.

No hay comentarios: