viernes, 27 de abril de 2012

PORTAS ABERTAS NAS RUTAS DOS VIÑOS GALEGOS


Que é a xornada de portas abertas?

A xornada inclúe unha visita guiada e gratuíta ás adegas participantes na promoción.

Todos elas terán as súas portas abertas durante ese día. Dependerá da túa elección visitar unha ou varias das que encontrarás na seguinte guía:http://www.xunta.es/descarga-arquivos/folleto-xornada-de-portas-abertas

Ao finalizar a visita ofreceranche como regalo unha cata dos mellores viños de Monterrei, Ribeiro, Rías
Baixas, Ribeira Sacra ou Valdeorras.
Tamén encontrarás unha serie de restaurantes onde poderás comer aproveitando a oferta especial deste día.Os menús comprenderán primeiro e segundo prato, maridados cos viños da Denominación
Orixe na que te encontres. O prezo final, con IVE, será de € 25 e inclúe sobremesa. Os restaurantes
adheridos a esta promoción tamén ofrecerán menús infantís para nenos menores de 12 anos que
acompañen os adultos. O prezo destes menús infantís será de 10 € (IVE incluído).
En cada ruta poderás encontrar ademais un programa especial para este sábado, 26 de maio. Haberá catas comentadas, visitas guiadas aos cascos históricos de Ribadavia, Monforte..., talleres especiais para nenos, descontos en aloxamentos e outras actividades relacionadas co mundo do viño
 

No hay comentarios: