martes, 17 de abril de 2012

"Minar", unha curtametraxe documental que aborda o impacto do proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes).



 

A zona de Pico Vello está nas proximidades do Parque Natural Fragas do Eume e ao seu pé atópase o que constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e o Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro, ámbolos dous incluídos xa na Rede Natura 2000.

A explotación mineira en Pico Vello provocaría a eliminación definitiva e irreversíbel da fonte principal do río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra unha poboación importante dos concellos de A Capela, Cabanas, Fene, Neda e Ferrol.


No hay comentarios: