sábado, 28 de abril de 2012

Concurso ‘Imaxes con Fondo’

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza este 2012 o concurso ‘Imaxes con Fondo’, unha ferramenta para promover a reflexión e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno do planeta e coas persoas que nel habitan.
Para participar hai que combinar unha fotografía cun texto de 140 carácteres en galego(un tweet) na que se explique a relación da fotografía ou serie co tema proposto, facendo unha reflexión sobre o significado da imaxe. A imaxe elixida gañará un premio.
Haberá dúas categorías con candansúa temática:
Categoría xuvenil (de 13 a 17 anos ambos inclusive).
Categoría adultas/os (de 18 anos en adiante).
Os interesados poderán facer entrega das súas obras e demais documentos requiridos  ata o 15 de outubro de 2012 no seguinte enderezo electrónico: imaxesconfondo@yahoo.es
Para máis información poden escribir un correo electrónico a dito enderezo ou chamar ao 698 156 127.

No hay comentarios: