jueves, 5 de abril de 2012

Programación Camiño a Camiño de abril a xuño

O programa de educación medioambiental “Camiño a Camiño” desenvolto pola Concellería de Medio Ambiente ten previsto para o primeiro semestre de 2012 unha programación que combina as rutas medioambientais clásicas por Vigo e bisbarra con rutas por Galicia e con actividades dirixidas especificamente ao público infantil e familiar e ao público xuvenil.
"Camiño a Camiño" ten como obxectivo a sensibilización medioambiental e o fomento de hábitos saudables entre a cidadanía Viguesa. Nesta edición incorpóranse obxectivos formativos e de iniciación a actividades en medio natural. Para profundizar nos contidos programados nas rutas, a maioría delas organízanse en bloques de 2 ou 3 fins de semana, tratando así durante ese período contidos específicos como as zoas húmidas, a configuración da Ría de Vigo ou os faros da ría.
DESCARGA: PROGRAMACIÓN CAMIÑO A CAMIÑO ABRIL-XUÑO

No hay comentarios: