O Programa
de Bolsas de Formación Profesional de FEUGA (PBFP) é un instrumento
axeitado para favorecer o acceso dos recén titulados ao mercado laboral e
completar a súa formación teórica previa cunha estadía práctica nun
centro de traballo.
Tamén constitúe unha ferramenta idónea
para que as empresas accedan a profesionais con preparación e sen
experiencia profesional, aos que poden formar durante un período
temporal previo a súa posible contratación.
O beneficiario do PBFP terá dereito a:
a) Gozar dun período máximo de doce meses de formación práctica nunha das entidades colaboradores do PBFP axeitada á formación e intereses do
beneficiario.
a) Gozar dun período máximo de doce meses de formación práctica nunha das entidades colaboradores do PBFP axeitada á formación e intereses do
beneficiario.
b) Por en práctica os coñecementos
adquiridos durante os seus estudos mediante a realización de prácticas
empresariais nun posto de traballo real.
c) Desenvolver habilidades e competencias profesionais e persoais.
d) Tomar contacto coa realidade
empresarial e desenvolver a capacidade de adaptación e integración na
dinámica cotiá da entidade.
e) Acceder ao Réxime Xeral da Seguridade
Social e a súa acción protectora, segundo o establecido no Real Decreto
1493/2011, do 24 de outubro, polo
que se regulan os termos e as condicións de inclusión no Réxime Xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación.
que se regulan os termos e as condicións de inclusión no Réxime Xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación.
f) A percibir unha dotación polo período formativo integrada por:
- Unha asignación económica mínima de
500,00 € brutos por cada mes (xornada completa) en que desenvolva de
forma efectiva a formación práctica en que consiste a bolsa, ou a
cantidade económica proporcional que corresponda, en función da data de
incorporación e finalización desta.
- Un seguro de accidentes, que será subscrito por FEUGA ao seu favor.
g) Co fin de complementar a formación
práctica, os beneficiarios poderán realizar, nos primeiros meses da
bolsa, o Programa despega de Adestramento Profesional e Desenvolvemento
Persoal que consta de 53 horas de formación teórica ou lectiva online,
se así se acorda no momento de concesión da bolsa. Os medios necesarios
para a realización, consecución e bo fin do Programa despega poraos a
disposición do bolseiro a entidade ou empresa colaboradora onde vaia
levar a cabo a formación práctica.
Requisitos:
1. Ser titulado de grao medio ou superior de ensinanzas de formación profesional.
2. Estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia e facer constar nos seus datos que desexa optar a unha bolsa de formación de FEUGA.
3. Ter cursado estudos nun centro público da nosa Comunidade Autónoma.

Así mesmo poderán acceder ao PBF:
- Os fillos de emigrantes galegos retornados, independentemente de onde obtivesen a súa titulación, se esta foi validada.
- Os titulados doutras centros españois, se a titulación solicitada non se impartíse na Comunidade Autónoma.

4.Ser menor de 30 anos.
5. Ter finalizado os estudos nos tres últimos anos.
6. Non ter gozado doutra bolsa de FEUGA por un período de máis de 10 meses.
7. No caso de ter gozado doutra bolsa de
FEUGA por un período de 10 meses ou menos, deberá ter cumprido o
cuestionario de avaliación correspondente á bolsa gozada. O período
máximo computado do total bolsas non poderá exceder de 24 meses.
8. Non ter desempeñado en ningún momento
traballo profesional remunerado relacionado coa súa titulación, baixo
ningunha modalidade de contratación a cuxo
efecto terán de achegar o correspondente Certificado de Vida Laboral.
efecto terán de achegar o correspondente Certificado de Vida Laboral.
9. Non ter relación de parentesco dentro
do primeiro grao de consanguinidade (pais - fillos) con ningún membro
da propiedade e/ou dirección da empresa ou entidade na que se
desenvolverá o programa de formación.
10. Cumprir os requisitos adicionais que
a empresa ou entidade colaboradora onde se desenvolverá o programa de
formación puidese establecer, tales como idiomas, coñecementos de
informática, etc. e que fosen necesarios para o axeitado aproveitamento
do programa de formación.
11. Non ter renunciado a algún programa de formación outorgado por FEUGA durante o período de formación.
Prazo: As solicitudes
poderán ser formuladas en Feuga ou a través do Servizo Público de
Emprego de Galicia facendo constar que se desexa acceder ao PBFP de
Feuga durante todo o prazo de vixencia das presentes bases
Máis información: www.feuga.es
Feuga Vigo: 986 812 665 /
feugavigo@feuga.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario