lunes, 2 de abril de 2012

Promocións Carné Xove: Braga Capital Europea da Xuventude 2012



braga_capital_europea_da_xuventudeA cidade portuguesa de BRAGA é este 2012 a CAPITAL DA XUVENTUDE EUROPEA. Este evento vai marcar o panorama cultural, académico e recreativo do lugar, polo que este é o ano ideal para visitar un dos puntos máis atractivos do país veciño.
Durante o 2012, Braga ofrecerá un programa completo de eventos e actividades que ofrecerán máis participación e máis oportunidades para que a xuventude tome un papel activo.
Braga é xuvenil, unha cidade moderna e chea de movemento e ambiente xoven pero a vez é unha cidade que manten moi vivo o seu pasado histórico. O Santuario de Bom Xesús (un dos maiores centros de peregrinación de Portugal), a Catedral de Braga e o Santuario do Sameiro son tres das visitas obrigadas á cidade.

PERCORRIDO
  • Venres – Punto de orixe / Braga
Saída dende o punto de orixe cara a Braga. Chegada e cea no aloxamento na albergaria 4**** do Sameiro.
  • Sábado - Braga
Almorzo. Visita guiada á cidade de Braga, pasando polos principais puntos de interese turístico, con visita ó Museo Tesouro da Sé Catedral de Braga. Xantar nun restaurante local. Pola tarde realización de peddy-paper “Redescubrir a Bracara Augusta”. Tempo e cea libres. Participación no espetáculo da Capital Europea da Xuventude.
  • Domingo – Braga / Punto de orixe
Almorzo e saída para a “Camiñada dos Santuarios”. O grupo subirá dende as escadas do Bom Xesus do Monte ata o Santuario do Sameiro polo antigo camiño de peregrinación. Ademáis da camiñata, terán tamén visita guiada durante o percorrido con subida ó cimborio do Santuario do Sameiro. Xantar de despedida na Albergaria do Sameiro. Pola tarde, viaxe de volta ó punto de orixe. Fin dos servizos.

ALOXAMENTO
** Hotel Albergaria Nossa Senhora do SameiroEste moderno hotel está situado nunha zona verde moi tranquila, a só 8 minutos do centro histórico de Braga. As 91habitacións son moi confortables e tranquilas e foron reformadas recentemente. Ademáis dispón de spa, terraza, capela, restaurante e bar.
PREZOS
  • PREZO POR PERSOA CON CARNÉ XOVEN EN VIXENCIA 115 €
  • PREZO POR PERSOA SEN CARNÉ XOVEN 128 €
O PREZO INCLÚE:
  • Guía acompañante en destino
  • Aloxamento en habitacións dobres na albergaria 4**** do Sameiro.
  • Manutención:
    • Cea do venres
    • Almorzo e xantar do sábado
    • Almorzo e xantar do domingo
  • Entradas indicadas
  • IVE
O PREZO NON INCLÚE:
  • Transporte (consultar suplemento)
  • Cea do sábado
  • Seguro da viaxe
  • Cualquer outro servizo non indicado no apartado anterior así como extras de carácter persoal.
DOCUMENTACIÓN
Para poder efectuala reserva en firme requerirase a seguinte información: Nome, apelidos, teléfono e correo electrónico.
Para poder aplicar o desconto por carné xove é necesario presentar fotocopia do DNI e do carné xove en vigor.

ANOTACIÓNS IMPORTANTES
  • Esta oferta queda suxeita a dispoñibilidade no momento de efectuala reserva en firme. En caso de estar interesados contactar a maior brevedade posible.
  • Os prezos ofertados poderánse garantizar con un grupo mínimo de 40 participantes.Grupos inferiores consultar prezos.
  • Datas recomendadas por coincidir con eventos e actuacións na cidade:
    • 13-15 abril
    • 20-22 xullo
    • 7-9 setembro
    • 14-16 setembro
    • 28-30 setembro
    • 23-25 novembro
PARA MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS
Viajes Viloria, SA. XG-146. Senra, 28 / 15702 Santiago de Compostela
TEL. 981 587 911 / FAX. 981 572 736
E-mail: reservasweb@viajesviloria.com / website: www.viajesviloria.com
Persoas de contacto: Miriam Muiño / Iria Cana
ACTUACIÓNS
  • Gen Rosso - International Performing Arts Group
Datas do evento: 13-15 abril
O Gen Rosso International Performing Arts Group - nace en 1966 en Loppiano (Florencia) dunha idea de Chiara Lubich (Premio Unesco pola Educación á Paz) que regala unha bateria de cor vermella a un grupo de mozos para comunicar, a través da música, as mensaxes de paz e fraternidade universal e participar así na realización dun mundo máis unido.
A orixinal actividade do Gen Rosso xorde, dende o principio, da súa bagaxe artístico-cultural, da internacionalidade dos seus compoñentes e do compromiso persoal de cada un de poñer en práctica, no contexto da vida cotiá, os valores dos que se fai embaixador.
17 persoas procedentes de 9 nacións: Brasil, R. do Congo, Kenia, Arxentina, España, Italia, Suíza, Filipinas, Polonia.
  • Fusión acústica
Datas do evento: 20-22 xullo
Este evento está composto por unha serie de concertos que traerán á cidade algúns episodios musicais improbables. Este proxecto ten como obxectivo animar os mozos a asistir ós concertos dos nomes da música nacional, que se enfrontan ó reto de reproducir en formato acústico, duetos improbables, sorprendendo con espectáculos únicos.
  • Noite Branca
Datas do evento: 7-9 setembro
Este evento de 24 horas de arte na rúa ten como obxectivo transformar Braga nunha gran instalación de arte. Tódalas áreas de ocio, tanto espazos públicos coma privados, estarán abertos de forma continua, promovendo as actividades comerciais e os organismos participantes.
Este evento permitirá a animación continua das rúas da cidade de Braga, con diferentes espectáculos de circo, artes escénicas, música e proxección multimedia entre outros.
  • Festival B-Global
Datas do evento: 14-16 setembro
Evento para promover os sons do mundo, dos cinco continentes, das diferentes etnias e espectros artísticos. O obxectivo é a conmemoración da multiculturalidade, da universalidade e da diversidade pero tamén a unidade de vontade e da espiritualidade.
O nome do evento busca unha auto-inclusión, unha afirmación de que somos todos deste e para este mundo. Ao mesmo tempo, reflicte unha actitude de vangarda e alusión poética a unha empresa atenta e a busca dunha identidade global
Todos os compoñentes naturais e orgánicos do Parque da Ponte son a paisaxe ideal para a realización dun evento deste tipo.
  • Festival Internacional Universitário Artes Preformativas
Datas do evento: 28-30 setembro
Porque a arte é unha ferramenta importante para o desenvolvemento persoal, cognitivo, psíquico e motor do ser humano, fomentando habilidades innovadoras e creativas, o Festival de Artes Escénicas ofrécese aos estudantes da universidade como unha oportunidade para afondar a súa sensibilidade artística a través da participación nunha variedade de expresións creativas do sector performativo.
  • World Drums
Datas do evento: 23-25 novembro
O obxectivo deste proxecto é esencialmente a fusión do patrimonio cultural e musical nun espectáculo destinado a ser único e orixinal, promovendo o multiculturalismo.
Este proxecto proporciona a interacción entre diversas personalidades e institucións de Braga, creando vínculos e intercambios de experiencias e fortalecendo a formación de músicos xóvenes.
O espectáulo dirixido esencialmente á componente musical, por medio de instrumentos de percusión acústicos dos distintos continentes (Europa, África, Asia, América e Oceanía) interpretado en directo, con control electrónico, será valorado polo componente visual coa proxección de imaxes en tempo real (video jockey) e danzas
Descarga o folleto informativo aqui.

No hay comentarios: