jueves, 19 de abril de 2012

Bolsas da Consellería do Medio Rural e do Mar

Convocatoria de 71 bolsas de prácticas, en réxime de concorrencia competitiva, en unidades dependentes da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes e en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, distribuídas da seguinte maneira:

- 14 bolsas de formación de tecnólogos, coa seguinte repartición por titulacións: 2 bolsas para licenciado en enoloxía, 2 bolsas para licenciados en ciencias químicas, 2 bolsas para licenciados en ciencia e tecnoloxía dos alimentos, 2 bolsas para enxeñeiros agrónomos, 2 bolsas para enxeñeiros técnicos agrícolas, 2 bolsas para enxeñeiros de montes e 2 bolsas para enxeñeiros técnicos forestais.

– 14 bolsas de formación de persoal de apoio á investigación coa seguinte repartición: 2 bolsas para o ciclo superior de industria alimentaria; 3 bolsas para o ciclo medio de elaboración de viño e outras bebidas, 2 bolsas para os ciclos formativos de grao medio e/ou superior da familia agraria, e 7 bolsas para os ciclos formativos de grao medio e/ou superior da familia química.

– 9 bolsas de prácticas ás cales poderán optar estudantes do 2.o curso ou titulados recentes en ciclos da familia agraria e 6 bolsas de prácticas para os alumnos do primeiro curso dos ciclos da familia agraria, nos centros de formación e experimentación agroforestal, dependentes da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes.

– 28 bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, así como en unidades dependentes da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, para os recentes titulados como enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en veterinaria, licenciados en ciencia e tecnoloxía dos alimentos e licenciados en bioloxía.

1. As bolsas para a formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación terán unha duración de cinco meses, no período de xuño a novembro, salvo renuncia ou incumprimento dos beneficiarios. O seu importe económico, por mes de prácticas, será de 1.000 euros para os tecnólogos e de 800 euros para o persoal de apoio.
2. As bolsas de prácticas nos centros de formación e experimentación agroforestal para os titulados e alumnos de segundo curso en ensinanzas de formación profesional terán unha duración de tres meses, no período de xullo a outubro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 800 euros. As de alumnos do primeiro curso do ciclo formativo terán unha duración de 2 meses, no período de xullo a setembro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 600 euros.
3. As bolsas de prácticas para os titulados recentes en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes terán unha duración de tres meses, no período de xullo a outubro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 1.000 euros.
4. No caso de que o número de solicitudes admitidas fose inferior ao de bolsas convocadas para algunha das categorías ou titulacións recollidas na presente orde, poderase ampliar a oferta das outras sempre que non se modifique o montante global orzado.
5. Estas bolsas son incompatibles con calquera outra destinada ao mesmo fin e co traballo remunerado de carácter fixo ou temporal durante o seu período de duración.
6. A duración das bolsas para os titulados recentes en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes poderá ser ampliable en función das dispoñibilidades orzamentarias.

 Requisitos:
 1. Poderán solicitar as bolsas para a formación de tecnólogos e de persoal de apoio á investigación os titulados recentes nas especialidades e para os destinos que se relacionan no anexo I desta orde.
2. As bolsas de prácticas nos centros de formación e experimentación agroforestal que se relacionan no anexo I para estudantes en ensinanzas de formación profesional agraria, reguladas por esta orde, poderán ser solicitadas por alumnos que durante o curso 2011-2012 estean realizando ensinanzas profesionais dos ciclos medio ou superior nalgún dos centros de formación e experimentación agroforestal da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, ou en calquera outro dos que figuran como autorizados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na súa oferta educativa da familia agraria. Tamén poderán solicitar estas bolsas os titulados recentes en ciclos da familia agraria.
3. As bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes poderán ser solicitadas por enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en veterinaria, licenciados en ciencia e tecnoloxía dos alimentos e licenciados en bioloxía.
4. Para todas as categorías de bolsas entenderase por titulado recente aquela persoa que obtivese a titulación entre o mes de abril do ano 2011 e a data de remate do prazo de presentación de solicitudes destas bolsas.
5. Tamén poderán solicitar as bolsas de formación de tecnólogos e as bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes os titulados recentes naquelas titulacións equivalentes ás recollidas nos números 1 e 3 de este artigo e que resulten da aplicación do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

Prazo: 1 mes a partir da publicación no DOG

Máis información: DOG 19/04/2012

No hay comentarios: