viernes, 20 de abril de 2012

Locais para emprendedores

O alcalde de Vigo avanzou o xoves 19 de abril de 2012 que Concello e AJE elaborarán un estudo conxunto para elaborar un proxecto integrado de locais para mozos emprendedores. O obxectivo, explicou, é que os xóvenes empresarios poidan beneficiarse un tempo deste apoio municipal e que logo se establezan pola súa conta.

O Concello de Vigo e a Asociación de Xóvenes Empresarios (AJE) colaborarán na posta en marcha dun proxecto integrado de locais para mozos emprendedores. A idea, dixo o rexedor, é que poidan iniciar a súa actividade e permanecer durante un tempo con apoio municipal, e que logo se poidan establecer pola súa conta.

Logo de manter un encontro con responsables de AJE, Caballero explicou que "estudiaría a posibilidade" de integrar esta "interesante" iniciativa dentro da partida orzamentaria destiñada a emprego "porque cada vez hai mozos que optan polo autoemprego, unha forma de xerar emprego moi arraigada neste territorio".

Máis información: hoxe.vigo.org

E igual que no Concello de Vigo, esta oportunidade ofrécenvola a maioría dos concellos de Galicia.
Informádevos no que vos quede máis preto para efectuar as xestións oportunas.
 

No hay comentarios: