sábado, 28 de abril de 2012

Certame "Lingua de namorar" declaracións de amor en internet

Bases do concurso:
Ata o 17 de maio, os mozos e mozas que queiran participar poderán inscribirse e colgar as súas declaracións, de menos de 350 caracteres, na páxina web www.xunta.es/linguagalega/linguadenamorar, onde se poden consultar as bases do concurso.
Todas as declaracións serán visibles nese mesmo web, onde figurarán de forma anónima, para que, a partir do Día das Letras Galegas e Día de Internet, todas as persoas que o desexen poidan votar polas que máis lles gusten.
As bases establecen dúas categorías -unha para mozos de 14 a 19 anos e outra para mozos de 20 a 35- e tres premios por categoría consistentes en produtos tecnolóxicos coma un iPad, unha wii ou un libro electrónico, entre outros.

No hay comentarios: