martes, 17 de abril de 2012

Apertura de inscricións para a XGN




banner_xgnMañá mércores, ás 10:00h, abrirase o prazo de inscrición para a décimo terceira edición da XGN que se celebrará no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela os días 4, 5 e 6 de maio de 2012.
O espazo reservado á Intranet contará con arredor de 1000 prazas para aqueles interesados maiores de 16 anos e menores de 30 (incluídas ditas idades) nos que poder compartir as experiencias da maior party galega.
Lembrade LER correctamente as instrucións para unha correcta inscrición na XGN, instrucións que podes ver xa aquí  e que se son de obrigado cumprimento para todos os aspirantes a reservar unha praza.
As actividades da Extranet será de libre acceso para todas as persoas que se acheguen ao recinto, onde contarán cun amplo programa de relatorios e obradoiros, clases de defensa persoal e ata un campo de paintball.
Sincroniza o teu reloxo, porque quedan 3 semanas para a XGN, e nunhas horas abrirase o prazo de inscrición!

No hay comentarios: