viernes, 7 de septiembre de 2012

XXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

O Concello de Dodro convoca a XXV edición do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (http://
www.concellodedodro.org/premio-de-poesia-elb).
Poderán concorrer a este certame as poetas e os poetas que o desexen, con cadanseu libro escrito en
lingua galega, segundo a normativa vixente.
Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500
versos e máxima de 800. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa totalidade, condición que se
estende ao soporte dixital. No momento do fallo do certame, non poderán estar presentados a ningún
outro concurso.
Os participantes deberán enviar 4 exemplares da obra, mecanografados, sen remite identificador, ó seguinte enderezo:
XXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Concello de Dodro
Tallós, 32
15981 Dodro- A Coruña
As obras concursantes deberán ostentar o título e un lema, que tamén figurará no exterior dun sobre que conteña a fotocopia do DNI
do autor ou autora, o seu teléfono e enderezo, así como un pequeno currículo literario, no caso de que teña obra publicada.
O prazo de presentación das obras remata o día 6 de novembro de 2012.
A dotación do Premio, único e indivisible, será de 2.300 €.
A obra galardoada publicarase dentro da Colección de Poesía “Eusebio Lorenzo Baleirón” da Editorial Sotelo Blanco, que se reserva os
dereitos de edición. A contía do premio será considerada como un adianto dos dereitos de autoría. O autor ou autora recibirá gratuitamente
25 exemplares.
Máis información no Concello de Dodro, www.concellodedodro.org e no teléfono 981 802 472

No hay comentarios: