martes, 11 de septiembre de 2012

Curso teórico de monitor sociocultural a distancia, en Vilalba


PDF Imprimir
logo rixA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca a través do Espazo Xove de Vilalba un curso teórico de Monitor Sociocultural a distancia.
Obxetivos: Proporcionar aos participantes unha formación teórica básica das funcións de monitor sociocultural.
 Destinatarios: Mozas e mozos de 18 a 30 anos interesados na temática.
 Contidos:

1. Definición de animación sociocultural
2. Técnicas experimentais para o estudo de campo
3. Técnicas de planificación e deseño de programas
4. Técnicas de organización
5. Técnicas de avaliación
6. Dirección de equipos
7. Técnicas de xestión
 Criterios de selección: A prioridade virá determinada pola orde de inscrición.
 Metodoloxía: O curso realizarase na modalidade a distancia, con un exame presencial que terá lugar no Espazo Xove de Vilalba (Casa da Xuventude de Vilalba) o 26 de novembro de 2012  as 17 horas.
 Duración: 125 horas.
 Datas: O curso desenvolverase do 1 de outubro ao  26 de novembro de  2012.
 Nº de prazas: 25.
 Solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes rematará as 14 h. do día  26 de setembro de 2012, e realizarase cumplimentando a ficha de inscrición que figura a continuación:
 Máis información: Espazo Xove de Vilalba
Teléfono: 982.510.610
Correo electrónico: cxvilalba.traballo@xunta.es
R/ Novo Cazón, s/n
27800 Vilalba
Lugo
Formulario de Solicitude

No hay comentarios: