A Consellería de Traballo e Benestar convoca
subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización e
funcionamento das entidades asociativas de Galicia de persoas
traballadoras autónomas, das entidades asociativas de Galicia de centros
especiais de emprego e das entidades asociativas de Galicia de empresas
de inserción laboral, coa finalidade de apoiar de forma eficaz a
consecución e o cumprimento dos fins que lle son propios, a través dos
seguintes programas de axudas:
Programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas.Programa de axudas ás entidades asociativas de centros especiais de emprego. Programa de axudas ás entidades asociativas de empresas de inserción laboral. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de outubro de 2012. Máis información no DOG do 18 de setembro de 2012 e en traballo.xunta.es |
jueves, 20 de septiembre de 2012
Axudas a autónomos, centros de emprego e de inserción laboral
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario