jueves, 20 de septiembre de 2012

Seminario de Banda Deseñada na Escola Profesional de BD e Ilustración de Pontevedra

MIGUELANXO PRADO impartirá un seminario sobre banda deseñada na escola profesional de BD e ilustración "O Garaxe Hermético", que dirixe Kiko da Silva en Pontevedra. Se desenvolverá de outubro a xuño, en sesións de 3 horas, de 16:30 a 19:30, un venres ao mes.

Contamos cun aforo máximo de 17 persoas e precísase un mínimo de 12 para levalo a cabo.

Terá un custo de 50 euros ao mes para alumnos matriculados nos cursos profesionais da escola e 75 euros ao mes para o resto. Os que pagen o curso enteiro nun só pago faráselle un 3% de desconto.

Nos vindeiros días aparecerá a convocatoria para a matrícula na web da escola: www.ogaraxehermetico.com, coas datas precisas.

A nova tamén está na web de Miguelanxo Prado: http://www.miguelanxoprado.com/index.php?idIdi=2&s=18&idnot=20&cat=s

Saúdos O GARAXE HERMÉTICO, Escola Profesional de BD e Ilustración

No hay comentarios: