miércoles, 12 de septiembre de 2012

III Convocatoria de probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia


A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca 600 prazas destinadas ao persoal da Administración autonómica para realizar probas de avaliación de carácter libre das actividades do Plan ofimático de Galicia.

O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 "Ofimatica" (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 "Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación", do Catálogo Nacional de Cualificacións. As capacidades e criterios de avaliación de dito módulo formativo pódense consultar no Real Decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se complementa o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, mediante o establecemento de dúas cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional administración e xestión (BOE núm. 109, do 7 de maio de 2011).

Destinatarios: os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Publicación: DOG núm. 173, do martes 11 de setembro de 2012
Número de prazas: 600
Datas e horario: os días 20, 21, 22 e 23 de novembro de 2012, das 09.00 ás 15.00 horas
Lugar dos exames: sede da EGAP, Santiago de Compostela
Presentación de solicitudes: http://egap.xunta.es/matricula
Número máximo de solicitudes por persoa: 3
Prazo de presentación: desde as 8.00 h do 12 de setembro ata o 17 de outubro ás 14.00 h.
 

No hay comentarios: