viernes, 14 de septiembre de 2012

Bacharelato a distanza



distanciaA Consellería de Educación abre o prazo para matricularse en Bacharelato na modalidade a distanza.
Destinatarios:Todas as persoas adultas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso.
Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar os estudos de bacharelato polo réxime ordinario.
OrganizaciónEstas ensinanzas poden cursarse en dous anos escolares, por curso completo, ou por materias de forma independente. Se se opta por cursar materias de forma independente, non se deberán superar os 32 períodos lectivos semanais.
A modalidade semipresencial esixe a asistencia obrigatoria ás titorías de cada materia (unha hora semanal por cada materia que se curse).
A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A comunicación cos titores é a través da Aula Virtual do IES San Clemente e os exames poden realizarse nas sete principais cidades galegas: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Requisitos:Para o acceso a estas ensinanzas requírese cumprir algunha destas condicións:
Posuír o título de graduado en educación secundaria.
Posuír o título de técnico auxiliar de formación profesional de primeiro grao.
Ter aprobado o segundo curso do bacharelato unificado e polivalente (BUP) ou, como máximo, con dúas materias non superadas.
Ter o título de técnico correspondente á formación profesional de grao medio.
Como matricularseA matrícula de Bacharelato a distancia pódese realizar:
Na secretaría de IES San Clemente, de Santiago de Compostela, rúa San Clemente, s/n, 15705, Santiago de Compostela, teléfono 981 58 04 96
A Coruña: Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero nº3 , teléfono 981 27 80 35
Ferrol: Centro EPA Sta. María de Carranza, rúa Luís de Requeséns, s/n, CP 15406, teléfono 981 37 17 94
Lugo: Centro EPA Albeiros, Parque da Milagrosa s/n, CP 27003, teléfono 982 21 60 33
Ourense: Centro EPA, rúa Álvarez de Soutomaior, 4, CP 32002, teléfono 988 24 38 34
Pontevedra: Centro EPA, Avda. De Buenos Aires nº36, CP 36002, teléfono 986 86 15 86
Vigo: Centro EPA Artes y Oficios, rúa Marqués de Valterra nº8, CP 36202, teléfono 986 22 55 79
O prazo de matrícula é ata o 23 de novembro de 2012.
Máis información en www.edu.xunta.es

No hay comentarios: