miércoles, 12 de septiembre de 2012

I CONCURSO DE NOVOS TALENTOS MUSICAES


BASES.-
NOVOS TALENTOS MUSICALES VAL DA LOURIÑA 2012
Concurso musical dirixido ao descubrimento de novos talentos cuio fin derradeiro é o de dar a coñecerse en todos os seus ámbitos, promocionar actividades culturais no Concello do Porriño así como tamén promocionar músicos emerxentes nun concurso musical estructurado en varios concertos en directo.
Este evento arranca no 2012 da man da Concellaría de Festexos do Concello do Porriño.
O formato elixido para tal fin baséase na organización dun concurso que se dividirá en dúas fases.
Este concurso está dirixido a artistas amateur que desenvolven a súa vocación musical en España, de diferentes estilos musicais .

1.- ÁMBITO TEMPORAL
O concurso desenvolverase no Concello do Porriño e quedará fixado nunha primeira fase preliminar (pechada ao público) ou preselección cuia data a fixará o Concello, nos auditorios do Centro Cultural Municipal do Porriño e do Círculo Recreativo e Cultural do Porriño. As semifinais celebraranse os días 26 e 27 de setembro, na praza Arquitecto Antonio Palacios e a final o domingo, día 30 de setembro, no mesmo lugar. Nestes tres últimos concertos contarase coa votación ou barómetro do público.

2.- FORMA DE PARTICIPAR
2.1 Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas físicas sen límite de idade, habendo dúas modalidades: modalidade infantil ata 16 anos e modalidade adulta maiores de 16 anos.
O praza de inscricións será do día 7 ata o 15 de setembro en horario de 09h ata 21h, e rematará o sábado 15 en horario de 10:00 a 14:00 horas nas dependencias do Centro Cultural Municipal.
2.2 Poderán presentarse en grupo ata un máximo de cinco compoñentes, dúo, trío, ou individual. Sendo o tempo de actuación de 3 minutos máxime.
3.3 No suposto de que resultara gañadora algunha persoa ou grupo excluído da participación, estes perderán o seu dereito a obter o premio, procedéndose a entregar o premio a seguinte persoa ou grupo que quedara no segundo lugar.

3.- GRATUIDADE
A participación neste concurso é de carácter gratuíto

4.- PARTICIPANTES
Poderán participar persoas tanto do Concello do Porriño como doutros municipios.

5- XURADO
Estará formado por cinco persoas vinculadas ao mundo profesional da música e dos medios de comunicación, así como representantes do Concello do Porriño.
Todos os artistas partirán coas mesmas condicións (mesmo espazo, backline, etc...), e dependerá da súa actuación e calidade persoal o de coroarse como finalista ou finalistas.

6.- INSTRUMENTACIÓN E BACKLINE
De cara á planificación dos concertos, a organización aportará todo o backline e instrumentación necesarios para a realización dos mesmos.

7.- VOTACIÓNS
Tras a finalización da audición dos concertos o xurado fará unha selección dos posibles finalistas .
Os cales actuarán de novo o día 30 de setembro na gran final.

8.- PREMIOS
Os premios serán entregados unha vez se saiba quen son os gañadores; ditos premios serán entregados polo Ilmo Alcalde-Presidente xunto co concelleiro de Festexos do Concello do Porriño.

8.1- Distribución de premios
primeiro premio..................................... 2.000 euros
segundo premio..................................... 1.000 euros
terceiro premio..................................... 500 euros

8.2- Os premios serán persoais e intransferibles. Sometidos estes á retención que exprese a lei.

9.- REQUISITOS DA ACTUACIÓN
A temática será libre, aceptándose calquera estilo musical.

9.1-Non poderán participar, quedando de forma automática excluídos do concurso, aquelas cancións que conteñan termos soeces, agresivos ou intimidatorios de carácter racista ou discriminatorio contra a muller, home ou calquera colectivo ou relixión así como contrarios á lei, moral ou ás boas costumes.

9.2- O idioma é libre.

9.3- Os concursantes cederán ao Concello os dereitos de explotación relativos á fixación, reprodución, distribución e comunicación pública polo tempo máximo que estipula o Real Decreto 1/1996, do 12 de abril e segundo as mesmas características descritas para os dereitos de Propiedade Intelectual dos autores antes descritas ao que fosen aplicables, sempre e cando as cancións sexan orixinais.

10.- PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos dos participantes no concurso trataranse conforme ás disposicións da Lei Orgánica 15/99 do 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal e o RD 17720/2007 do 21 de decembro polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da LO do 15/99 de 13 de decembro.

11.- PERIODO DE RECLAMACIÓNS
Este período finaliza unha vez transcorridos dous días hábiles dende que se dean a coñecer os resultados.
O Concello reservase o dereito a seleccionar gañador alternativo no caso, de que se teñan motivos razoables de crer que un ou varios participantes alteraron a participación normal do concurso.
Resérvase tamén o Concello de realizar modificacións ou engadir anexos sucesivos sobre a mecánica e premios do presente concurso sempre que as mesmas estean xustificadas ou non prexudiquen aos participantes, e se comuniquen a estes debidamente.

12.- ACEPTACIÓN DAS BASES

12.1- A participación no concurso supón a aceptación expresa e sen reservas das presentes bases, que serán accesibles dende www.concellodoporrino.net

12.2- O incumprimento de calquera destas bases por parte dos participantes determinará a inmediata descualificación


13.-LEI APLICABLE E XURISDICCIÓN

13.1-As presentes bases, réxense pola Lexislación española.
13.2-Todo litixio, discrepancia, cuestión ou reclamación resultante da execución ou interpretación destas bases serán resoltas polos xulgados ou tribunais da comarca, á que se someten as partes, con renuncia a calquera outra que lles poida corresponder.

No hay comentarios: