viernes, 7 de septiembre de 2012

Programa de bolsas "Pasarela" para Formación Profesional

A Fundación Universidade-Empresa convoca o programa Pasarela, dirixido a titulados en Formación
Profesional e ten como obxectivo complementar a súa formación cos coñecementos que máis se están
a demandar hoxe en día polas empresas, informática, idiomas, etc., son algunhas das materias que o
programa combina co traballo durante 12 meses nunha entidade punteira.
O candidato complementará o seu traballo con 80 horas de formación na Universidade Rei Juan Carlos
de Madrid, adquirindo os coñecementos necesarios para complementar a súa titulación.
• Requisitos:
1. Ser cidadán español ou estranxeiro con permiso de residencia.
2. Ter obtido o Título de Formación Profesional de Grao Superior nos cinco anos anteriores á convocatoria das bolsas.
3. Ter menos de 30 anos.
4. Non ter desempeñado traballo profesional ningún relacionado coa súa titulación, acollido a calquera das modalidades de contratación
laboral.
5. Non ter obtido anteriormente praza no Programa, ou en programas análogos.
Este programa ten unha remuneración de 700 € mensuais.
O prazo para solicitalo está aberto todo o ano.
Máis información na Fundación Universidade-Empresa. http://www.fue.es/pasarela/

No hay comentarios: