miércoles, 12 de septiembre de 2012

CURSO DE CREACIÓN DUNHA HORTA ECOLÓXICA




CARTEL_CURSO_2
O Concello de Meis e a Deputación Provincial de Pontevedra, a través do PROGRAMA ACTÍVATE 2012 (plan de formación para mozos/as), organizan o curso de CREACIÓN DUNHA HORTA ECOLÓXICA.
Poderán participar todos os/as mozos/as de 16 a 35 anos (ambos inclusive). Tamén poderán cursar a súa solicitude dentro do prazo establecido, as persoas que non cumpran o requisito de idade, formando parte da lista de agarda.
Comenzará a partires de outubro en sesión de tarde, cunha duración de 40 horas, das cales 4 corresponderán a un taller de carácter obrigatorio que versará sobre habilidades sociais para a inserción laboral, técnicas de búsqueda de emprego, elaboración de curriculum vitae, orientación laboral, etc.
Realizarase no Centro Multiusos de O Mosteiro (Praza de España 18 O Mosteiro-Meis) e o curso é de balde.
O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de setembro de 2012, donde a solicitude se pode recoller na OMIX ou descargar da páxina web da deputación de Pontevedra, e presentarase na OMIX do Concello de Meis.
Para formalizar a solicitude é necesario achegar unha fotocopia do DNI ou pasaporte en vigor e a tarxeta de demandante de emprego (se a posúe).
Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil(OMIX) ou no teléfono 986 712 277

No hay comentarios: