miércoles, 19 de septiembre de 2012

AGV-FRUGA XESTIONA UN ACORDO DE RECOLLIDA DE UVA PARA 30 VITICULTORES DA SUBZONA DO ROSAL CON ADEGAS DO SALNES

Fecha: 19/09/2012
Fuente: Asoc Galega de Viticultura
Nestes momentos a propia AGV-FRUGA sigue establecendo contactos con adegas para o suministro de uva dos seus asociados sempre e chegando a acordos garantindo o pago da uva co finanzamento do IGAPE.  
Tras o acordo acadado na semana pasada de compra de uva na DO Rías Baixas, e que conta co apoio e a xestión da AGV e a FRUGA, 51.000 kg e a uva de unha treintena de viticultores que por parte de duas adegas do Salnés recollerá a viticultores-as da subzona do Rosal que non tiñan garantida o destino da vendima despois que se comunicase dende as adegas da propia subzona a non recollida. Estes feitos poñen encima da mesa a necesidade de establecer referencias de prezos na compra e venda de uvas, coa figura do contrato homologado, e que permite a transparencia e boa fe nas transaccións económicas, condición previa a manter a estratexia de calidade e prestixio que atesoura a DO Rías Baixas puntos que a AGV-FRUGA defendeu nas ultimas xuntanzas do sector. Este agravio ven despois de ter unha vendima no 2011 con uns rendementos moi altos chegando acadando os 42.000.000 kg . Se as adegas verifican o negociado a semana pasada e coa necesaria aporte do financiamento a través do IGAPE evitarase a situación de confusión e agravios que se deron na ausencia de acordo no ano 2011 e neste momento a AGV-FRUGA defende este tipo de finanzamento seguro para o viticultor co cobro na sua totalidade en decembre do mesmo ano da colleita.

Nestes momentos a propia AGV-FRUGA sigue establecendo contactos con adegas para o suministro de uva dos seus asociados sempre e chegando a acordos garantindo o pago da uva co finanzamento do IGAPE.

A AGV e FRUGA fai un chamamento a todos os viticultores-as da subzona do ROSAL que o día 20 ás 20:30 horas na Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón asistan para informarlles o novo contrato homologado e tamén resolver calquer dubida sobre a situación real da recollida da uva nesta vendima

No hay comentarios: