miércoles, 19 de septiembre de 2012

Convocatoria 2012 de emprendemento social

O programa diríxese a empresas sociais de nova creación, empresas sociais novas e entidades sociais que inician a súa primeira ou nova liña de negocio. 
 
Data:
Prazo: ata o 22 de outubro de 2012
 
Organizada por:
Obra Social La Caixa
 
Requisitos:
  • Ser unha persoa física que desexa iniciar unha organización cunha das características descritas no punto seguinte.
  • Ser unha persoa xurídica rexistrada no Estado español e cumprir cunha serie de condicións:
    - Ser empresas sen ánimo de lucro ou empresas da economía social: fundacións, asociacións, cooperativas e sociedades laborais ou calquera sociedade participada maioritariamente por unha destas.
    - Ser unha microempresa, segundo os parámetros previstos pola Comisión Europea2, que son os seguintes.
      Estrutura: menos de dez traballadores.
      Volume: o seu volume de negocio anual ou ben o seu balance xeral anual non debe superar os dous millóns de euros.
     Ademais, debe cumprir os seguintes criterios de independencia: Independencia: o 25% ou máis do capital ou dos dereitos de voto non deberá pertencer a outra empresa nin conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de microempresa.
 
Enlace:
Bases convocatoria
O programa diríxese a empresas sociais de nova creación, empresas sociais novas e entidades sociais que inician a súa primeira ou nova liña de negocio.
 
Dotación:
Apoio económico
Formación en xestión empresarial
Acompañamento na implementación
Traballo en rede
Difusión das iniciativas
 
Información:
Obra Social ”La Caixa”
Tel.: 902 22 30 40 (de luns a venres, de 9.00 a 20.00 h)
emprendimientosocial@fundacionlacaixa.es
http://obrasocial.lacaixa.es/

No hay comentarios: