miércoles, 19 de septiembre de 2012

Programa actividades Casa da Muller

Desde a Concellería de Igualdade informan da ampla e diversa programación de actividades que a Casa das Mulleres acollerá durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro: xornadas, obradoiros, exposicións, ...

Destacamos as seguintes actividades:
  • Xornada formativa "A saúde desde a perspectiva de xénero" (inscrición ate 16 outubro)
  • Obradoiro "Comunicación en clave de xénero. Estratexias para a utilización dunha linguaxe inclusiva" (inscrición antes do 27 setembro)
  • Obradoiro "Xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Análise dos factores que interveñen na desigualdade" (Inscrición ate o 14 novembro ou 12 decembro)
  • Obradoiro "Relacións interpersoais e resolución de conflitos" (inscrición ate 5 novembro)
Cómpre suliñar que hai actividades para as que é preciso realizar inscrición previa. O arquivo adxunto amplia esta información: obxectivos e contidos da actividade, formadoras, datas de realización e periodos de inscrición.
Agardamos que esta programación sexa do voso interese e conte coa vosa participación
Agradecemos que difundades esta información entre os vosos contactos

Máis información:
Concellería de Igualdade
Concello de Vigo
Tlf. 986 810 284
Fax.986 430 082
www.igualdadevigo.org

No hay comentarios: