miércoles, 12 de septiembre de 2012

Bolsa Xoves Mestres en creación literaria, pensamento e artes

A Escola Contemporánea de Humanidades e Fundación Telefónica convocan a bolsa completa Xoves
Mestres para formar 20 mozos con talento de entre 16 e 18 anos.
Os seleccionados gozarán dunha bolsa completa dun ano de formación en creación literaria, pensamento e artes. A bolsa Xoves Mestres está dirixida polo escritor e director académico da ECH, Alejandro Gándara. O relato breve, as técnicas da imaxinación, o taller dos sentidos, a arte e a música son algunhas das materias que se impartirán nesta bolsa.
As clases impartiranse os sábados de 10 a 14 horas no Espazo Fundación Telefónica e son gratuítas.
• Materias que se impartirán:
- Prácticas de Escritura Narrativa
- Ler, mirar, sentir (novas formas de contar no século XXI)
- As palabras antigas dos magos: hebreos e gregos
- Técnicas da Imaxinación
- Taller dos Sentidos
- Relato Breve
- Arte
- Música
O prazo para solicitar as bolsas estará aberto ata o 5 de outubro de 2012.
Máis información na Escola Contemporánea de Humanidades: www.ech.es

No hay comentarios: