viernes, 14 de septiembre de 2012

Vinte webs cos mellores cursos gratuítos online. O saber non ocupa lugar!

1- Lasmatematicas.es: en pouco máis de 3.000 vídeos explica todas as matemáticas ata nivel universitario. É como un incansable profesor particular dispoñible as 24 horas para ti.
2- Khan Academy : miles de vídeos pedagóxicos e centos de exercicios prácticos cubrindo materias como aritmética, finanzas, historia, química, física... mesmo podes examinarte e avaliar o teu progreso.
3- Cursos en edX Universities (Harvard, Berkeley, MIT... ): educación universitaria online, gratis!, ofrecida polas universidades máis prestixiosas do planeta. Para calquera persoa con ganas de formarse.
4- Udacity : web fundada por profesores universitarios do MIT especialistas en robótica. Ofrecen cursos de intelixencia artificial, programación, ciencia computacional, estatística, física... etc.
5- Coursera : rede educativa formada por varias universidades internacionais de renome. Abrangue varias disciplinas universitarias, tanto de ciencias como humanidades.
6- Faculty Project : Neste portal (un proxecto sustentado por profesores de todo o mundo e universidades como University of Miami, a University of Southern California ou o Dartmouth College) podemos encontrar cursos en forma de PDFs, presentacións e máis sobre diversos temas, historia, antropoloxía, economía... etc.
7- Cursos gratuitos de la UNED : "non requiren ningunha matrícula, son de acceso libre, non esixen pagamentos e non teñen data de inicio e fin".
8- Cursos gratuitos de la Universidad Carlos III de Madrid. Correspondentes a unha gran variedade de disciplinas...Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñarías... etc.
9- Cursos gratuítos online de PHP, Java, Android, C#, MySQL…
10- Cursos online gratuitos de la Dirección General de Industria y de la PYME (DGIPYME) : desenvolvidos pola EOI (Escola de Organización Industrial) e cofinanciados pola DGIPYME e a Unión Europea. Ofrecen cursos tales como plan de negocio, contabilidade e finanzas, mercadotecnia e propiedade intelectual e patentes.
11- Cursos online gratuitos del INTECO (Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación) : INTECO desenvolve formación gratuíta a calquera que se rexistre previamente e que teña interese na temática de seguridade tecnolóxica, calidade de software e accesibilidade.
12- Curso online de lectura rápida. Cortesía da Consellaría de Educación da Xunta de Extremadura.
13- Crypt4you : formación en Criptografía e Seguridade da Información, pola Universidade Politécnica de Madrid.
14- Escuela virtual de Igualdad formación online en igualdade en materia de oportunidades entre homes e mulleres. Organizados polo Ministerio de Sanidade
15- Cursos del Instituto Andaluz de la Mujer de la Junta de Andalucía. Creación de redes sociais, bancos de tempo, resolución de conflitos...
16- Taller online de escritura creativa : taller permanente online (gratuíto) de escritura creativa a disposición de calquera persoa con inquietudes literarias.
17- Curso de esperanto online con titor: dez leccións + exercicios de esperanto básico, vía correo electrónico. O titor corríxeche os exercicios propostos e resolve dúbidas. Ao rematar o curso danche un diploma.
18- Diez sitios web gratuitos para aprender inglés. Dez links polo prezo dun... non vos queixaredes.
19- Curso de canto online : Atención a este curso de canto gratuíto (con exercicios e consulta de dúbidas). Impárteo o cantante da banda de heavy metal Mystika.
20- Curso de periodismo Rosa María Calaf : programa de actividades online dirixidas a orientar no oficio de xornalista, da man da veterana correspondente de TVE e dun grupo de profesores e estudantes da Universidade Rovira i Virgili de Tarragona.

Vía: http://www.meneame.net/
Fonte da noticia: http://www.sindinero.org/blog/archives/7499

No hay comentarios: