viernes, 7 de septiembre de 2012

Intercambios Xuvenís con Italia e Xapón

INTERCAMBIO XUVENIL GALICIA - TRENTO (ITALIA)
• Datas de realización: do 20 ao 27 de outubro de 2012
• Lugar de realización: Lugo
• Participantes: 15 mozos e mozas da provincia de Trento, rexión de Trentino – AltoAdigio (Italia) e
3 mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos.
• Prazas convocadas para os mozos e mozas galegos: 3
• Inscricións
- Prazo de inscrición: do 11 ao 23 de setembro do 2012
O formulario electrónico de inscrición estará a disposición dos/as interesados/as neste portal a partir do día 11 de setembro.
A admisión no intercambio será por rigoroso orde de inscrición. Os solicitantes seleccionados recibirán un correo electrónico de confirmación
da praza.
• Cobertura das actividades:
- Xantar e cea
- Transporte no ámbito do intercambio
- Entradas nos lugares de cobro de entrada
- Actividades con monitor
• Normas de desenvolvemento do intercambio
A participación no intercambio implica participar e ser activo nas actividades programadas e acompañar ao grupo italiano durante os
días de realización do intercambio.
Os horarios de participación no intercambio van dende a saída do aloxamento do grupo italiano ata o término da cea.
A organización non corre cos gastos de aloxamento dos participantes.
**Os/as mozos/as galegos/as que participen neste intercambio terán unha praza para participar posteriormente nun intercambio que
se realizará en Trento (Italia) por un período dunha semana nas datas que determine a organización, con todos os gastos cubertos,a
excepción do transporte dende o seu domicilio ata o lugar de realización do intercambio. Este gasto de transporte correrá a cargo do
participante.

INTERCAMBIO XUVENIL GALICIA- XAPÓN
Este intercambio está enmarcado dentro das relacións bilaterais que mantén a Xunta de Galicia coa Perfectura de Wakayama.
• Datas de realización: do 28 de outubro ao 4 de novembro de 2012
• Lugar de realización: Wakayama (Xapón).
• Prazas: 13 mozos/as galegos con idades entre os 18 e 30 anos.
• Inscricións
- Prazo de inscrición: do 11 ao 16 de setembro do 2012.
O formulario electrónico de inscrición estará a disposición dos/as interesados/as neste portal a partir do día 11 de setembro.
A admisión no intercambio será por rigoroso orde de inscrición. Os solicitantes seleccionados recibirán un correo electrónico de confirmación
da praza.
Confirmada a praza nos 4 días seguintes os seleccionados deberán remitir a: mobilidadexuvenil@xunta.es unha copia do billete de
avión ata Xapón (recoméndase o Aeroporto de Osaka, por ser o máis próximo a Wakayama). Non serve a reserva de voo.
A non remisión da copia do billete de avión nese prazo supón a perda da praza no intercambio.
De ser o caso de que o billete de avión fose anulado despois do seu envío á Dirección Xeral de Xuventude, a praza será anulada e considerada
non adxudicada.
Os gastos de transporte ata Wakayama corren a cargo do/a seleccionado/a.
O 28 de outubro os 13 seleccionados deberán presentarse no lugar acordado en Wakayama, que se lles facilitará previamente pola
organización
• Cobertura do intercambio
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
- 3 días de estancia con familias xaponesas
- Transporte no ámbito do intercambio
- Entradas nos lugares de cobro de entrada
- Actividades con monitores
• Normas de desenvolvemento do intercambio
Os participantes neste intercambio adquiren o compromiso de acoller no seu domicilio particular en Galicia durante 3 días a 2 xóvenes
xaponeses, cando se realice o intercambio de acollida en Galicia nos seis primeiros meses do 2013.
Durante os días de realización do intercambio en Xapón, os participantes deberán estar 3 días con familias xaponesas

No hay comentarios: