viernes, 29 de junio de 2012

X edición do Premio de ilustración e narración Pura e Dora Vázquez



A Deputación de Ourense convoca a X edición do Premio de ilustración e narración “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil.
Bases modalidade narración:A este premio poderán concorrer todos aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. Os textos presentados han de ser inéditos e totalmente orixinais.
De cada orixinal presentaranse seis copias, en papel tamaño folio ou en holandesa, mecanografados a dobre espazo e só por unha cara, antes do día 12 de setembro de 2012.
Co orixinal, que se presentará baixo lema, achegaranse, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor, así como o título do libro, indicando no sobre: para o X Premio “Pura e Dora Vázquez”.
Para esta modalidade de narración establécese un premio de 1.500 €.
Bases modalidade ilustración:Poderán concorrer ó premio tódolos ilustradores de calquera nacionalidade que presenten as súas ilustracións inéditas e orixinais, non menos de dez, tomando como base o texto premiado na modalidade de narración deste X Premio “Pura e Dora Vázquez” e a el referidas.
O conxunto de ilustracións orixinais serán presentadas antes do día 20 de decembro de 2012.
Coas ilustracións, que se presentarán, no seu conxunto, baixo lema, achegarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor.
Para esta modalidade de ilustración establécese un premio de 1.500 €.
Prazos:Narración: 12 de setembro de 2012.
Ilustración: 20 de decembro de 2012.
Máis información no BOP de Ourense do 28 de xuño de 2012.

No hay comentarios: