lunes, 18 de junio de 2012

Prazas nas residencias xuvenís a mozos/as estudantes e traballadores

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca 225 prazas para mozos e mozas nas súas residencias xuvenís para o curso académico 2012/2013, no réxime de internado.
As prazas ofértanse tanto para mozas e mozos estudantes como traballadoras/es.
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 10 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2012 e o 30 de xuño de 2013.

Prazas:
  • Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 76 prazas
  • Ourense: Florentino L. Cuevillas. 55 prazas
  • Vigo: Altamar. 94 prazas.
Do total de prazas resérvase un 9% para mozos e mozas que desempeñen unha actividade estatutaria, funcionarial ou laboral, tanto se é por conta propia como allea:
  • Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 7 prazas
  • Ourense: Florentino L. Cuevillas. 5 prazas
  • Vigo: Altamar. 8 prazas.
Requisitos para mozos e mozas estudantes:
– Non superar os 30 anos de idade antes da data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
– Cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, de bacharelato, de ciclos formativos de grao superior, estudos universitarios tendentes á obtención de título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
– Que no concello onde radique a súa residencia familiar non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia familiar.

Requisitos para mozos e mozas traballadores/as:
– Que o lugar de traballo teña o enderezo nunha provincia distinta ao lugar de residencia familiar da persoa solicitante.
– No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, terá que ter unha duración mínima de 9 meses contado desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
– No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, cunha anticipación mínima de 3 meses á publicación da presente convocatoria.
– Ter cumpridos os 18 anos na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 5 de xullo de 2012.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS303B.
Máis información no DOG do 18 de xuño de 2012.

No hay comentarios: