miércoles, 6 de junio de 2012

Aberto o prazo de inscrición para o encontro xuvenil "Actívate e emprende" de Riveira.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración co Concello de Riveira o próximo 9
de xuño, que se centra en promover a creatividade e o emprendemento entre a mocidade dos concellos
dp Barbanza.
Entre os poñentes, destaca o arquitecto Joaquín Torres.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, vén de abrir o prazo de inscrición para o encontro
xuvenil “Actívate e emprende”, que leva como consigna “lecer e tempo libre: un primeiro paso para o emprendemento”. Esta mostra terá
lugar o próximo 9 de xuño, en Riveira.
Esta é a quinta das nove mostras sobre emprendemento xuvenil que conforman o programa “Conecta”, que está a levar a cabo a área
autonómica de xuventude. Grazas a esta iniciativa, Riveira converterase na capital galega do emprendemento e a creatividade xuvenil
durante esta xornada.
Esta iniciativa enmárcanse no proxecto transfronteirizo Emprende e conta coa colaboración de diferentes entidades tanto galegas
como portuguesas.
A mostra, que xorde da colaboración entre a Dirección Xeral de Xuventude e o concello de Riveira, acollerá ponencias, debates, ou espazos
para a creatividade, o emprego e o emprendemento. Todos aqueles interesados en participar atoparán toda a información sobre
este evento na páxina web: www.xuventude.net na fiestra do programa Conecta: http://xuventude.xunta.es/201203076824/programaconecta.
html.

No hay comentarios: