lunes, 25 de junio de 2012

Rutas en embarcacións tradicionais pola illa de Arousa

PDF Imprimir
Dentro das actividades que compoñen a Campaña de Verán, se tes entre 18 e 35 anos, podes desfrutar de rutas en embarcacións pola illa de Arousa.
O obxectivo deste programa é fomentar e impulsar a navegación en dorna de vela mediante actividades de tempo libre e aproximar os seus participantes aos costumes e culturas dos diferentes paraxes nos que se faga terra.
Realizar a navegación mariña con coñecemento dos métodos e costumes na navegación tradicional.
Equipamento necesario:
Cómpre que traiades lentes de sol, viseira, roupa de baño, chancletas con peche ou fanequeiras, saco de durmir e esteira, chuvasqueiro lixeiro, lanterna, cantimplora e crema solar de factor alto.
Aloxamento:
Farase noite en pavillóns, albergues e zonas de cámping.
Nota: é necesario saber nadar.
Actividades:
Navegación a vela tradicional, snorkel, banana acuática, aperitivos no Galeón durante a navegación, birdwatching, cata de mexillón en Cabo de Cruz, visita ás dunas de Corrubedo e aos cascos antigos mariñeiros (casas de Patín, cruceiros) e actividades alternativas.
CÓDIGO     QUENDA         COTA
151003       17 - 21 xullo     150 €
RUTA EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS: O BARBANZA
Día 1: Rianxo - Rianxo.
Día 2: Rianxo -  Cabo de Cruz (Boiro).
Día 3: Cabo de Cruz (Boiro) - Pobra do Caramiñal.
Día 4: Pobra do Caramiñal - Ribeira.
Día 5: Corrubedo (Ribeira).
TELÉFONO: 881 881 240 / 881 881 242
FAX: 881 881 237
CORREO: xuventudecoruna@xunta.es

No hay comentarios: