jueves, 21 de junio de 2012

Necesitase monitor ou monitora de equitación para o Ecoparque de Marín

Necesítase monitor ou monitora de equitación para o Ecoparque de Marín, xa que en breve (quince días, un mes como moito) teremos tamén rutas cabalares polo Ecoparque, a zona do Lago Castiñeiras e parte da Península do Morrazo. 

Valóranse tanto o título de Monitor/a Tempo Libre, como a formación en aspectos relacionados co mundo dos cabalos e os seus deportes asociados (TSAFAD, TADMN... ) e a experiencia demostrable neste eido. Ollo, que se valoren estes aspectos non quere dicir que sexan totalmente indispensables. 
Responsabilidades do posto: 

  • Colaborar no mantemento dos cabalos
  • Deseñar rutas a cabalo
  • Guiar rutas a cabalo
  • Acompañar en circuítos a cabalo
  • Iniciar a usuarios en actividades de equitación
O proceso de selección será previo CV a parque@aventuramarin.com , dos CV que recibamos seleccionaranse os máis indicados para este posto de cara a realizar unha entrevista previa de traballo na que se comentarán as condicións concretas do traballo e da que sairá o seleccionado para o posto.

No hay comentarios: