martes, 12 de junio de 2012

Premios Nacionais de Xuventude

O Instituto da Xuventude convoca (http://www.boe.es/boe/dias/2012/06/07/pdfs/BOE-A-2012-7652.
pdf) os Premios Nacionais de Xuventude para o ano 2012.
Os Premios Nacionais de Xuventude 2012, supoñen un recoñecemento ao labor desenvolvido polo novos,
de carácter extraordinario, cuxa finalidade é a de estimular e recoñecer, a traxectoria e esforzo,
de carácter extraordinario, daqueles novos que pola súa dedicación no seu traballo e a súa implicación
persoal, poñen de manifesto o seu compromiso en distintos ámbitos da sociedade.
• Categorías. Concederase un único premio en cada unha das seguintes categorías:
. Iniciativas emprendedoras en materia de emprego.
. Comunicación intercultural.
. Voluntariado.
. Igualdade.
Os Premios Nacionais de Xuventude están dirixidos a mozos de nacionalidade española, e a todos aqueles con residencia legal en España,
que non superen a idade de 30 anos na data na que finalice o prazo para a presentación das candidaturas.
O prazo para presentar a inscrición estará aberto ata o 17 de xullo de 2012.
Deberá achegarse, xunto á solicitude da candidatura, unha memoria na que na introdución da mesma, a Organización, Institución ou
Corporación que presente a candidatura deberá explicar o porqué da devandita candidatura que presenta e á que dá o seu respaldo.
A continuación da introdución, expoñerase a actuación concreta realizada polo novo candidato pola que se opta a un dos premios previstos.
Máis información no BOE do 7 de xuño de 2012 e en: www.injuve.es.

No hay comentarios: