martes, 5 de junio de 2012

Contratación persoal temporal. Seaga

Contido: Anuncio polo que se fai pública a convocatoria e bases específicas II para a selección e contratación de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. para as categorías profesionais de enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal, capataz, xefe de brigada, peón especialista, peón, oficial administrativo e auxiliar administrativo.
 Requisitos:
  • Enxeñeiro de montes: título de enxeñería de montes, permiso ou licenza de condución tipo B
  • Enxeñeiro técnico forestal: título de enxeñeiro técnico forestal, permiso ou licenza de condución tipo B
  • Capataz: ciclo formativo de grao medio ou equivalente. No anexo V concrétase o/s título/s específico/s que se esixe/n en función do/s perfil/es profesional/es que escolla o candidato, permiso ou licenza de condución tipo B
  • Xefe de brigada: ciclo formativo de grao medio ou equivalente. No anexo V concrétase o/s título/s específico/s que se esixe/n en función do/s perfil/es profesional/es que escolla o candidato, permiso ou licenza de condución tipo B
  • Peón especialista: estar en posesión do 1º ciclo da ESO ou equivalente (admisibles certificado de escolaridade ou equivalente), permiso ou licenza de condución tipo B
  • Peón: estar en posesión do 1º ciclo da ESO ou equivalente (admisibles certificado de escolaridade, garantía social ou equivalente)
  • Oficial administrativo: título de ciclo formativo de grao superior na rama de administración, bacharelato ou equivalente
  • Auxiliar administrativo: título de ciclo formativo de grao medio na familia administrativa, ciclo formativo de grao superior na rama de administración, bacharelato ou equivalente
 O coñecemento do idioma galego acreditarase mediante diploma, certificado ou curso homologado polo órgano competente en materia de política lingüística e, no seu defecto, mediante proba oral que se lle realizará ó aspirante
 Prazo: 10 días hábiles seguintes á publicación no DOG
 Máis información: DOG 05/06/2012
 www.epseaga.com

No hay comentarios: