viernes, 15 de junio de 2012

Concurso de arte dixital a nivel europeo aberto aos participantes galegos

O programa “Imaxina Atlántica” convoca un concurso de arte dixital a nivel europeo aberto aos participantes galegos.
O programa “Imaxina Atlántica” busca crear unha rede atlántica de profesionais das tecnoloxías da imaxe. Para conseguilo, promove os intercambios profesionais, o achegamento do turismo ás novas tecnoloxías, a organización de seminarios ou a promoción dun clúster a escala internacional. A aposta pola creatividade xuvenil como fórmula previa ao emprendemento é un dos obxectivos da Estratexia Xuventude 2013.



Os equipos de traballo deberán ser transnacionais e, polo menos, un dos seus membros deberá residir nun dos territorios de “Imaxina Atlántica”: Poitou-Charantes (Francia); Gales do Norte (Reino Unido); a rexión norte de Portugal e Galicia
A contía dos premios finais –que serán entre 8 e 6- oscilará entre os 2.000 e os 3.500 euros
As obras finalistas serán presentadas en Angoulême (Francia) en decembro, e en 2013 as obras percorrerán diferentes cidades das administracións provinciais e rexionais que participan no proxecto
O programa de cooperación interrexional “Imaxina Atlántica” vén de convocar un concurso de arte dixital a nivel europeo que está aberto a escolas, estudantes, artistas e novos profesionais.
 A data límite de inscrición dos equipos participantes é o próximo 3 de setembro.
Para participar nesta iniciativa, os interesados deberán constituír equipos de traballo transnacionais e, polo menos, un dos seus membros deberá residir nalgún dos territorios de “Imaxina Atlántica”: Poitou-Charantes (Francia); Gales do Norte (Reino Unido); a rexión norte de Portugal e Galicia.
O obxectivo desta medida é favorecer a cooperación, o intercambio de experiencias e o traballo conxunto de estudantes e artistas procedentes de diferentes países da Unión Europea.
As obras que se presenten deberán estar enfocadas para a súa integración nun espazo urbano, e poderán integrar son, imaxe, animación e novos medios. Os criterios de selección para o concurso terán en conta a orixinalidade da obra, a contemporaneidade, a calidade técnica e de execución, a pertinencia do enfoque e a consecución da valorización do patrimonio no que sexan instaladas.
Trala selección, haberá entre seis e oito premios finais. O primeiro deles estará dotado con 3.500 euros; o segundo, con 3.000; o terceiro con 2.500; e os seguintes con 2.000 euros. As obras finalistas serán presentadas en Angoulême (Francia) en decembro deste ano, durante a conferencia intermedia de Imaxina Atlántica. En 2013, as obras percorrerán diferentes cidades das administración provinciais e rexionais que participan neste proxecto.
As bases da iniciativa pode consultarse no apartado de programas da Unión Europea do portal http://xuventude.xunta.es.

No hay comentarios: