lunes, 25 de junio de 2012

Convocatoria para a obtención de carnés profesionais.

Data:
Dende o 25/06/2012 ata o 13/07/2012. presentación solicitudes convocatoria extraordinaria do 2 ao 13 de xullo de 2012
Organizada por:
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Requisitos:
REQUISITOS:
• Atoparse en idade legal laboral ou ter cumprida a idade mínima que, se é o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente.
• Cumprir os requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2012.

ESPECIALIDADES QUE SE CONVOCAN:
- Operador/a industrial de caldeiras.
- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
- Instalador/a de gas, categoría A.
- Instalador/a de gas, categoría B.
- Instalador/a de gas, categoría C.
- Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
- Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
- Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
- Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
- Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
- Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
- Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
- Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
- Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados. 

PRAZO DE SOLICITUDES:
- Convocatoria ordinaria: O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 16 ao día 27 de xaneiro de 2012, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria extraordinaria: O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 2 ao día 13 de xullo de 2012, ambos os dous incluídos.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Rexistros das xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

DATAS DOS EXAMES:
- Convocatoria ordinaria: non se realizarán antes do 1 de marzo de 2012.
- Convocatoria extraordinaria: non se realizarán antes do 30 de setembro de 2012.

MÁIS INFORMACIÓN:
Departamento Territorial da Consellería de Educación na Coruña
Edificio Servizos Administrativos de Monelos
Praza de Luis Seoane, s/n. 15008- A Coruña
Tel.: 981 184 702
www.edu.xunta.es/fp
http://www.edu.xunta.es/fp/carnes-profesionais
Publicación: DOG: 16-01-2012

No hay comentarios: