miércoles, 6 de junio de 2012

ONCE EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS DE FEIRACO RECIBEN A CERTIFICACIÓN ISO 22000


Once explotacións gandeiras de Feiraco recibiron hoxe a certificación ISO 22.000-2005, o que supón alcanzar o estándar máis elevado de seguridade nos alimentos co maior recoñecemento internacional. No acto de entrega estiveron presentes o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a conselleria de Medio Rural e Pesca, Rosa Quintana, e o xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, o presidente de Feiraco Lácteos, José Antonio Casáis; e o director xeral da Cooperativa, José Luis Antuña, entre outros.
A Norma ISO 22.000 define os requisitos relativos á Xestión da Seguridade Alimentaria para as compañías con necesidade de alcanzar uns niveis de seguridade que se sitúan por encima das esixencias lexislativas. Trátase por tanto dun estándar que harmoniza as necesidades do mercado e dos consumidores.
Calidade e seguridade alimentaria garantidas
Este paso dado por Feiraco non ten precedentes nin en España nin en Europa, xa que non existe na nosa contorna socio-económico unha certificación baixo esta norma no primeiro elo produtivo da cadea alimentaria. Ábrese así un horizonte onde nun futuro próximo todas as explotacións gandeiras dos socios de Feiraco poidan demostrar que posúen a maior capacitación internacional para producir un leite da mellor calidade e seguridade para o consumidor.
Feiraco culmina así un proceso de certificación das súas explotacións que iniciou a finais do pasado 2008 coa implantación das Guías de Prácticas Correctas de Hixiene e Actividade; continuou co deseño e implantación da metodoloxía de Análise de Perigos e Puntos Críticos de Control nas granxas e, finalmente, coa auditoría realizada polo organismo externo de certificación -AENOR, S.A.-
Requisitos
As explotacións produtoras de leite de Feiraco certificadas baixo esta norma internacional han acreditado dispor dunha documentación que describe como se realizan e controlan todos os procesos relacionados coa calidade e a seguridade do leite que producen e, ademais, que a sistemática se atopa perfectamente implementada e que os procesos que executan son absolutamente eficaces.
Estas explotacións acreditaron dispor e implantar tanto dos elementos do Sistema de Xestión, como o programa de Prerrequisitos que esixe o certificado, como o Control de Procesos e os Principios da Análise de Perigos e Puntos Críticos de Control.

Enlace: http://www.galiciacalidade.es/noticias-detalle/192/ONCE-EXPLOTACI%C3%93NS-GANDEIRAS-DE-FEIRACO-RECIBEN-A-CERTIFICACI%C3%93N-ISO-22000

No hay comentarios: