viernes, 29 de junio de 2012

IX Concurso de Fotografía de Viaxes



O Centro Municipal do Información Xuvenil do Concello da Coruña, convoca o IX edición do concurso de fotografía de viaxes “ Viaxarte 2012”.

Poden participar  as mozas/os do conxunto do Estado incluíndo as/os estranxeiros/as, que teñan idades comprendidas entre os 15 e os 30 anos.

Todas as fotografías presentadas deberán estar relacionadas co tema das experiencias viaxeiras.

O prazo para a presentación: do 1 de xullo ao 3 de setembro.

As fotografías deberán presentarse, persoalmente ou por correo, no: Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) - Fórum Metropolitano, r/Río Monelos, 1, 15006 A Coruña.
O concurso terá as seguintes categorías: 
-  premio á mellor fotografía
-  premio á mellor serie fotográfica
O premio consistirá, para ambas as dúas categorías, nunha viaxe á unha capital europea.
Para máis información, consulte as bases no seguinte enlace:
http://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=Nex/Page/Nex-Generica&cid=1244638255191&itemID=1244638255116&itemType=Contenido

No hay comentarios: