jueves, 28 de junio de 2012

Voluntariado ambiental de prevención e defensa contra os incendios forestais

Data:
Dende o 02/07/2012 ata o 25/08/2012.
Organizada por:
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado - Dirección Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural
O programa ten como obxectivo principal o de sensibilizar e dinfundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e vixilancia contra os incendios forestais, que os motiven e capaciten para valorar e conservar a nosa masa forestal.
Realizada a formación dos participantes, a cargo de técnicos da Dirección Xeral de Montes, os voluntarios realizarán as actividades como: fixación de rutas de sendeirismo, limpeza e desbroce de cortalumes, vixilancia ambiental etc.
O programa desenvolverase en quendas de 5 días e está concibido como un campo de traballo, no que grupos de 8 persoas voluntarias xunto cun monitor realizarán diferentes actividades de sensibilización e información sobre a necesidade de coidado e preservación da masa forestal.
PARTICIPANTES E INSCRICIÓNS
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse:
Centro Don Bosco
Rúa Belvís, 2 15703 - Santiago de Compostela
Tlfno. 981 582243
Albergue Arnoia
Carretera de Xunqueira, s/n 32660 - Allariz (Ourense)
Tlfnos. 988 441140 988 440028
Albergue Pazo Serantellos
Serantellos, 1 36639 - Castrelo/Cambados (Pontevedra)
Tlfno. 986 542750
Centro de Interpretación da Castaña
Pobo de Trasestrada, Barrio de Igrexa, s/n Riós
Albergue Municipal de Celanova
32800 - Celanova
Se desexas colaborar podeste anotar no seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Información:
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 54 48 07
voluntariado@xunta.es
http://www.voluntariadogalego.org/

No hay comentarios: