viernes, 1 de junio de 2012

Concurso de viñetas “A tope sin alcohol” do Concello de A Coruña

 CARTEL1
O concello de A Coruña a través da concellaría de Servizos Sociais, presenta un concurso de viñetas baixo o lema “A tope sin alcohol” inscrito dentro do marco do Programa Municipal de Prevención de Drogodependencias.
Consisten en elaborar un cartel e un lema para a campaña de prevención do consumo de alcol en mozos, que se desenvolverá no próximo curso escolar.
O obxectivo do concurso é implicar aos rapaces no deseño de estratexias de sensibilización e o fomento de hábitos de vida saudables. Hai dúas categorías para inscribirse: categoría 1 (rapaces entre 12 – 17 anos) e a categoría 2 ( 18 – 25 anos).
Os traballos deberán enviarse por correo electrónico á seguinte dirección concurso@sinalcoholsiempreatope.com antes das 00:00 horas do día 22 de xuño, incluíndose os seguintes datos: nome e apelidos do autor/es, DNI, idade, dirección postal, teléfono de contacto, dirección de correo electrónico e categoría na que se participa ademais dunha breve explicación da idea que se quere transmitir co deseño presentado.
Os premios serán, a elixir, entre unha destas dúas opcións, un cheque-regalo por valor de 300 euros para tendas de deporte ou unha tablet (16GB), para cada unha das categorías.
Para máis información, consulte os seguintes enlaces:
http://www.coruna.es/
www.corunasolidaria.org
www.corunasindrogas.es

No hay comentarios: