martes, 12 de junio de 2012

IX Concurso de Fotografía de Viaxes

O Centro Municipal do Información Xuvenil do Concello da Coruña, convoca o IX edición do concurso de
fotografía de viaxes “ Viaxarte 2012”.
Poden participar as mozas/os do conxunto do Estado incluíndo as/os estranxeiros/as, que teñan idades
comprendidas entre os 15 e os 30 anos.
Todas as fotografías presentadas deberán estar relacionadas co tema das experiencias viaxeiras.
O prazo para a presentación: do 1 de xullo ao 3 de setembro
As fotografías deberán presentarse, persoalmente ou por correo, no: Centro Municipal de Información Xuvenil
(CMIX) - Fórum Metropolitano, r/Río Monelos, 1, 15006 A Coruña.
O concurso terá as seguintes categorías:
- premio á mellor fotografía
- premio á mellor serie fotográfica
O premio consistirá, para ambas as dúas categorías, nunha viaxe á unha capital europea.
Para máis información, consulte as bases no seguinte enlace:
http://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=Nex/Page/Nex-Generica&cid=1244638255191&itemID=1244638255116&itemTyp

No hay comentarios: