viernes, 15 de junio de 2012

Concurso: Xeración 1992

Se naciches no ano 1992, ano de creación do mercado único na Unión Europea, podes participar neste concurso contándonos como vives, estudas, traballas ou como che gostaría que cambiasen ás cousas no futuro no mercado único europeo.
Se tes algo que dicir sobre o mercado único europeo, toma un bolígrafo, un pincel, unha cámara, un ordenador,ou un teléfono móbil... e deixa fluír a túa creatividade.Os participantes poden utilizar un dos cinco formatos creativos seguintes: artigo, video, fotografía, cómic e aplicación de teléfonos intelixentes.
Premios: A vinte finalistas obsequiaráselles cunha viaxe á cerimonia de entrega de premios en Bruxelas que terá lugar en outubro.
Os premios inclúen billetes de ferrocarril a nivel europeo, cámaras dixitais, iPods, vales de compras e moito máis.
Prazo de presentación: ata o 9 de setembro de 2012.
Toda a información en: http://generation1992.eu/.

No hay comentarios: