jueves, 7 de junio de 2012

Proba obtención título bacharel para maiores de vinte anos

Convocar a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2012, nas modalidades de ciencias e tecnoloxía e humanidades e ciencias sociais, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

Condicións das persoas aspirantes.
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2012.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2012-2013.
Centros e datas de inscrición e de realización das probas.
O prazo para realizar a inscrición nestas probas será entre o 20 e o 28 de setembro de 2012 e nos centros enumerados no punto seguinte.
2. As probas terán lugar o día 25 de outubro de 2012, nos seguintes centros:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña.
b) IES San Clemente, Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, Vigo.
Inscrición.
Os aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias comúns, os aspirantes que teñan superadas as materias de modalidade de calquera das dúas vías da modalidade de artes. Os aspirantes presentarán as súas solicitudes de inscrición nos centros e prazos establecidos na epígrafe anterior, de acordo co modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución. Estas irán dirixidas ao director ou á directora do centro onde serealice a inscrición nas probas.
Igualmente, presentarán a seguinte documentación:
a) Autorización para que o órgano xestor poida realizar a consulta por medio telemático ao servizo horizontal de acceso ao sistema de verificación de datos de
identidade.
b) En caso contrario, fotocopia compulsada do DNI, pasaporte ou calquera outro documento legalmente recoñecido, que acredite suficientemente a identidade e a idade do aspirante.
c) Se procede, certificacións académicas ou fotocopia compulsada do libro de escolaridade e/ou historial académico, onde se acredite ter superado materias para validar algún exercicio.
d) Declaración responsable de non posuír o título de bacharel nin se achar matriculado en ensinanzas oficiais de bacharelato ou telo estado no curso escolar 2012-2013 (anexo II).
e) Solicitude, se procede, de exención de lingua galega (anexo III).
f) Solicitude, se procede, de recoñecemento de necesidades específicas (anexo IV). Xuntarán a autorización para a consulta do ditame de discapacidade no caso de que esta fose recoñecida polo órgano competente da Xunta de Galicia. Cando o ditame fose emitido por outra administración, xuntarase unha certificación ou ditame da discapacidade.
Listas de admitidos e reclamacións.
No prazo dos quince días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solicitudes, o tribunal publicará esas listas (anexo V). Xunto coa relación de admitidos indicaranse os exercicios validados coa nota correspondente e as exencións da materia de lingua galega (I e II), de conformidade coa documentación presentada. A equivalencia entre as materias superadas no bacharelato e os exercicios da proba aparece no anexo XIV desta resolución.
Características da proba.
A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as dúas modalidades de bacharelato para as que se convoca.
A proba constará de dous exercicios: o primeiro deles terá unha duración de cinco horas e o segundo de tres horas trinta minutos. Entre os dous exercicios haberá un descanso de dúas horas. Os contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo recollido no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Primeiro exercicio, de materias comúns.
a) Primeira parte. Lingua galega e literatura.
-Resposta a unha serie de cuestións en que se valorarán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais.
-Resposta a unha serie de cuestións sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura galega, nas que se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica do aspirante.
b) Segunda parte. Lingua castelá e literatura.
-Resposta a unha serie de cuestións en que se valorarán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais.
-Resposta a unha serie de cuestións sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura en lingua castelá, en que se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica do aspirante.
c) Terceira parte. Lingua estranxeira: a partir dun texto ou textos propostos, o aspirante deberá demostrar as súas capacidades de comprensión e expresión escritas na lingua obxecto de exame, que poderá ser inglés ou francés.
d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de ciencias para o mundo contemporáneo, filosofía e cidadanía, historia da filosofía e historia de España.
O segundo exercicio, diferente para cada modalidade, versará sobre as materias de modalidade establecidas no artigo 7 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Avaliará o logro dos obxectivos propios do bacharelato e a adquisición das destrezas básicas das materias da modalidade, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe científica, a resolución de problemas e as capacidades de analizar, relacionar e sintetizar.
O/A aspirante realizará os exercicios correspondentes ás materias obrigatorias da modalidade que seleccione e doutras catro elixidas de acordo coas especificacións do anexo VII.
Para cada unha das partes do segundo exercicio integraranse nun mesmo exame cuestións das materias incluídas nelas.
Normas de realización.
As probas realizaranse o día 25 de outubro en sesións de mañá e tarde.
Entre as 8.30 e as 9.00 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba. Os aspirantes identificaranse debidamente antes de entrar neles.
3. do exercicio correspondente ás materias comúns. Organizarase en dous períodos:
Primeiro, de 9.00 a 12.00 horas: realizaranse os exames correspondentes ás materias comúns lingua galega e literatura (I e II) e lingua castelá e literatura (I e II). Ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre os aspirantes os protocolos de exames correspondentes a ambas as linguas, para que este dosifique o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.
Segundo período, de 12.30 a 14.30: realizaranse os exames correspondentes a lingua estranxeira (I e II) e cuestións de ciencias para o mundo contemporáneo, filosofía e cidadanía, historia da filosofía e historia de España. Igualmente, ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre os aspirantes os dous protocolos de exames para que este dosifique o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.
A sesión da tarde dedicarase á realización do exercicio das materias de modalidade, de acordo coas especificacións do anexo VII, e durará das 16.30 ás 20.30 horas.
Organizarase en tres períodos:
Primeiro, das 16.30 ás 18.00 horas: realizarase a parte ou exame correspondente ás
materias de modalidade obrigatorias.
Segundo, das 18.00 ás 19.00 horas: realizarase a parte segunda das probas de modalidade. Os aspirantes escollerán unha entre as dúas opcións sinaladas para esa segunda parte na modalidade de humanidades e ciencias sociais ou unha entre as catro opcións da modalidade de ciencias e tecnoloxía.
Terceiro, das 19.30 ás 20.30 horas: realizarase a parte terceira das probas de modalidade. Os aspirantes escollerán unha entre as tres opcións sinaladas para a terceira parte na modalidade de humanidades e ciencias sociais ou unha entre as tres opcións sinaladas para a modalidade de ciencias e tecnoloxía.
Certificación e expedición do título.
A acta de avaliación recollerá os resultados de cada un dos exercicios e, de ser o caso, a súa validación (anexo VIII).
As persoas que superen os dous exercicios ou as que tivesen validado o primeiro exercicio e superen o segundo poderán solicitar unha certificación das cualificacións obtidas en cada unha das partes do segundo exercicio, de materias de modalidade, para que poidan xuntala á documentación de solicitude de prazas en ensinanzas de ciclos de formación profesional de grao superior. O tribunal expedirá esa certificación segundo o modelo do anexo XII.
Máis información: DOG 7 xuño 2012

No hay comentarios: