martes, 5 de marzo de 2013

XX Certame literario de poesía e narración breve, Cambre 2013


certamenliterarioO Concello de Cambre convoca o XX certame literario de poesía e narración breve.
Poderá participar neste certame calquera moza/-o de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos, segundo as seguintes categorías:
Categoría A: de 12 a 14 anos
Categoría B: de 15 a 18 anos
Categoría C: de 19 a 26 anos
O prazo para entregar os traballos estará aberto ata o día 12 de abril de 2013.
Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres. Na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco DIN-A4 e o tema libre.
Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
Deberán estar escritos con ordenador, en papel de tamaño DIN-A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12, por unha soa cara; paxinados e sen asinar. Entregaranse orixinal e cinco copias nun sobre no que figure: XX CERTAME LITERARIO, o lema ou pseudónimo do autor ou autora, a categoría (A, B ou C) e a modalidade (narración ou poesía). Cada traballo presentado levará xunto un sobre pechado no que, por fóra, deberán figurar os mesmos datos, e no interior, unha fotocopia do DNI, e a ficha de inscrición cuberta e asinada, que contén datos persoais e fiscais.
Os traballos poderán presentarse persoalmente nas administracións dos Institutos ou ben seren enviados por correo ordinario a:
Concello de Cambre – Área de Cultura e Turismo
Río Barcés, 8.
15660 Cambre
A Coruña
Haberá dous premios por categoría e modalidade:
Categoría A: 1º Premio: 173 €, 2º Premio: 128 €
Categoría B: 1º Premio: 218 €, 2º Premio: 150 €
Categoría C: 1º Premio: 300 €, 2º Premio: 173 €
Máis información no BOP da Coruña do 5 de marzo de 2013 e na OMIX de Cambre, teléfono 981 613 170

No hay comentarios: